Tecnópole en Verde

Somos un ecosistema tecnolóxico nunha contorna autosostible e amigable

Dentro do Plan Estratéxico de Tecnópole para 2023-2025 encóntrase a Estratexia de sostibilidade, cuxo obxectivo estratéxico principal é mellorar de forma eficiente a xestión en materia de sostibilidade do Parque e que recolle, entre outros, os seguintes obxectivos operativos:

1. Elaboración dun mapa de ODS 
2. Diminución da pegada de CO2 do Parque 
3. Promoción da actividade en materia de sostibilidade
4. Creación da primeira comunidade enerxética empresarial de Galicia
5. Construción dunha Estrutura Singular de Madeira

0
árbores no bosque Tecnópole
0
especies autóctonas galegas
0 %
de absorción anual de emisións de CO2
0
empresas adscritas á Comunidade Enerxética

Obxectivos operativos en sostibilidade

1. Elaboración do mapa de ODS da entidade xestora do Parque

Tecnópole alíñase cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), que constitúen un chamamento universal á acción para poñer fin á pobreza, protexer o planeta e mellorar as vidas e as perspectivas das persoas en todo o mundo.
En 2015 todos os Estados Membros das Nacions Unidas aprobaron 17 Obxectivos como parte da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, na cal se establece un plan para alcanzar os Obxectivos en 15 anos. O ano 2020 marcou o inicio dunha década de acción ambiciosa co fin de alcanzar os Obxectivos para 2030.

A actividade que desempeña a entidade xestora do Parque Tecnolóxico de Galicia impacta directamente sobre 7 dos 17 ODS.

É necesario destacar que dentro do ámbito da divulgación científico tecnolóxica Tecnópole, a través de todas as súas actividades de divulgación científica, céntrase sobre todo na necesidade de actuar para empoderar as mulleres e as nenas (ODS 5) e garantir unha educación de calidade (ODS 4).

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), Nacións Unidas

2. Diminución da pegada de CO2

  • Cálculo da pegada de carbono do Parque Tecnolóxico de Galicia S.A.
  • Creación do Bosque de Tecnópole para compensación das emisión de CO2 da entidade xestora do Parque e, nun futuro, das súas empresas. O Bosque de Tecnópole conta polo momento con 1.800 árbores plantadas de 8 especies autóctonas de Galicia: érbedo, bidueiro, castaño, acivro, piñeiro galego, carballo, sobreira e serbal.

3. Promoción da actividade de Tecnópole en materia de sostibilidade

Tecnópole é membro do Pacto Mundial da ONU, adquirindo así o compromiso de facer seus os Dez Principios de sustentabilidade empresarial. O Parque constrúe así un marco estratéxico vinculado á Axenda 2030.

4. Creación da primeira comunidade enerxética empresarial de Galicia

Tecnópole foi a localización elixida pola Xunta de Galicia para implementar a primeira comunidade enerxética empresarial galega. As empresas instaladas no Parque xerarán a súa propia enerxía renovable, co consecuente aforro, ao tempo que se beneficiarán das vantaxes económicas e sociais que implican este tipo de actuacións.

5. Construción dunha estrutura singular de madeira

Construción dun espazo cerrado e permanente nunha parcela situada xunto ao edificio central do Parque Tecnolóxico de Galicia. A estrutura caracterizarase pola súa singularidade e o uso da madeira para resolvela. Búscase dispoñer dunha edificación que permita acoller a celebración de eventos do Parque, as súas empresas e terceiros. Proponse un edificio de planta libre cunha luz transversal en torno a 15 m e unha superficie duns 600 m2. Desde un punto de vista arquitectónico, o edificio é orgánico, no sentido que nos remite á forma na que están conformadas diferentes estruturas na natureza.

Interésache

¿Por que elixir Tecnópole?

Instálate no parque

As nosas empresas residentes

Faite residente

Descubre todo o que Tecnópole pode ofrecerche para axudar á túa empresa a crecer