Onde estamos
Ubicación estratéxica para o teu negocio
Tecnópole está situada no concello de San Cibrao das Viñas, a 12 km. da ciudade de Ourense e a estación do AVE e rodeada pola zona industrial máis importante da provincia (polígonos de San Cibrao das Viñas, Pereiro de Aguiar e Barreiros).
Esta localización estratéxica configura a Tecnópole como o lugar ideal para a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, debido a que se atopa totalmente comunicada coas cidades galegas máis importantes a través dunha complexa rede de infraestruturas
- Conexión con Vigo e aeroporto de Peinador a través de autovía A-52 con saída / entrada propia para Tecnópole
- Conexión con Santiago de Compostela e aeroporto de Lavacolla a través da autopista AP-53
- Conexión con A Coruña, aeroporto de Alvedro, e Ferrol, vía Santiago por autopista AP-9
- Conexión coa Meseta a través do AVE
Interésache
Faite residente
Descubre todo o que Tecnópole pode ofrecerche para axudar á túa empresa a crecer