Quen somos

Tecnópole

O Parque Tecnolóxico de Galicia S.A., Tecnópole, é a entidade responsable de xestionar un conxunto de infraestruturas, espazos, recursos, capacidades e servizos destinados a empresas, emprendedores e proxectos que utilizan como ferramentas de crecemento a innovación e o coñecemento.

Enfocados na Innovación
Tecnópole é un lugar para o talento e a innovación tecnolóxica. Ofrece ás empresas, startups, emprendedores e centros tecnolóxicos e de investigación os espazos, as infraestruturas, os servizos e os recursos necesarios para que desenvolvan todo o seu potencial. Desde oParque estimulamos a expansión de cada novo proxecto e apoiamos día a día a cada membro da nosa comunidade.
En Tecnópole estamos ademais comprometidos co desenvolvemento sostible, a igualdade de xénero e a divulgación científica.
Historia

Tecnópole foi inaugurada o 10 de outubro de 1992 e comezou a desenvolver a súa actividade en marzo de 1993 grazas ao esforzo da Xunta de Galicia, que contou, entre outros co apoio das tres Universidades galegas, a Deputación de Ourense e os concellos de Ourense e San Cibrao das Viñas. O Parque Tecnolóxico de Galicia S.A. é a entidade responsable da súa xestión.

A súa posta en marcha debeuse á necesidade de crear un ámbito de referencia en Galicia dirixido a acoller, apoiar e potenciar iniciativas empresariais de marcado carácter innovador e que apostasen pola tecnoloxía, a investigación e o desenvolvemento como eixes da súa actividade.

Consello de Administración

Presidenta
Dª. María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía, Industria e Innovación
 
Vicepresidenta
Dª. Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación
 
Secretario non conselleiro
D. Angel Piñeiro Nogueira
 

Vogais do Consello de Administración

Dª. María José Mariño Fontenla
Axencia Galega de Innovación
 
Dª. Covadonga Toca Carús
Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE)
 
D. José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario Xeral Técnico da Consellería de Economía, Industria e Innovación.
 
Dª. Iria Santodomingo Foulquie
Corporación Empresarial y Financiera de Galicia S.L.U.
 
D. José Lino Comesaña Calvo
Corporación Empresarial de Tenencia de Activos de Galicia S.L.U.
 
Dª. Cristina Cobas Romay
Torre de Hércules Inversiones Corporativas S.L.
 
D. Rosendo Luis Fernández Fernández
Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico.

Na actualidade, o órgano de xestión de Tecnópole -a sociedade xestora Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A.- participada polas seguintes institucións:

  • Xunta de Galicia (50,52 %)
  • Abanca Corporación Bancaria S.A. (37,34 %)
  • Deputación de Ourense (3,49 %)
  • Universidade de Vigo (1,80 %)
  • Universidade de Santiago (1,80 %)
  • Cámara de Comercio e Industria de Ourense (1,66 %)
  • Concello de Ourense (1,66 %)
  • Concello de San Cibrao das Viñas (0,67 %)
  • Confederación Empresarial de Ourense (0,40 %)
  • Unión Xeneral de Traballadores (0,33 %)
  • Universidade da Coruña (0,33 %)

Interésache

¿Por que elixir Tecnópole?

Instálate no parque

As nosas empresas residentes

Faite residente

Descubre todo o que Tecnópole pode ofrecerche para axudar á túa empresa a crecer