Aulas Tecnópole
Iniciativa de divulgación da ciencia e da innovación para acercar a actividade de Tecnópole á sociedade e contribuír a espertar vocacións científicas e incentivar o espírito emprendedor entre os máis novos. Desde 2010.
Durante o curso lectivo, os estudantes inscritos na actividade desenvolverán proxectos de investigación que posteriormente poderán presentar a feiras e eventos científicos nacionais. Para garantir unha aprendizaxe exitosa, contarán co asesoramento dun equipo docente de ampla experiencia que os acompañará durante todo o proxecto.
Buscamos talento novo que queira iniciarse no ámbito da investigación, feiras e concursos científicos.
Tamén fomentamos ciencia aplicada ao ámbito aeronáutico e aeroespacial.
Características
- Prazas limitadas para 45 nenas/os de 12 a 18 anos de idade.
- Todos os xoves de 17:00h a 19:00h durante os meses de outubro a maio.
- Nas instalacións de Tecnópole. Transporte incluído desde Ourense.
- 20 € cota/mes (8 meses por curso).
- Prazo de inscrición: durante o mes de setembro por orde de inscrición.
Transporte incluído
Subida
16:23h Estación de tren (en fronte estación)
16:25h Av. Marín, debaixo da ponte
16:30h Xoán XXIII, detrás Subdelegación Goberno
16:35h Intercambiador Lagoas
16:40h Rúa da Granxa 2 (fronte entrada cemiterio S. Francisco)
16:45h Santa Mariña, parada bus entre as dúas rotondas
Baixada
19:00h Saída de Tecnópole
19:10h Santa Mariña, parada bus entre as dúas rotondas
19:15h Rúa da Granxa 2 (fronte entrada cemiterio S. Francisco)
19:20h Vía de servizo As Lagoas
19:25h Xoán XXIII, detrás Subdelegación Goberno
19:35h Av. Marín, debaixo da ponte
19:38h Estación de tren (en fronte estación)
Formulario de inscrición
Interésache
Faite residente
Descubre todo o que Tecnópole pode ofrecerche para axudar á túa empresa a crecer