Laboratorio de biotecnoloxía
Aberto a calquera empresa ou centro tecnolóxico ou de investigación de España
Aberto a calquea empresa ou centro tecnolóxico ou de investigación de España
O laboratorio de biotecnoloxía é unha instalación dotada con equipamentos que o Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole, pon a disposición de empresas e centros nunha iniciativa sen precedentes para facilitar o acceso a tecnoloxía necesaria no desenvolvemento de actividades de I+D+i centradas no sector bio, baixo unhas condicións de uso moi vantaxosas.


O uso do laboratorio está aberto a calquera empresa ou centro tecnolóxico ou de investigación de España, con tarifas especiais para as entidades residentes de Tecnópole, así como para os grupos de investigación das tres universidades galegas.
A utilización dos equipos pode formalizarse para un período de tempo que vai desde unha hora ata o número de días, semanas ou meses que sexan necesarios.
Interésache
Faite residente
Descubre todo o que Tecnópole pode ofrecerche para axudar á túa empresa a crecer