Tecnópole, acelerando empresas desde 2015
Acompañamento de proxectos
En Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia, as nosas empresas residentes obteñen solucións singulares máis alá do convencional, asesoramento especializado e acompañamento para facer fértiles os seus proxectos.
Metodoloxía única
Todos os programas de aceleración de Tecnópole se basean nunha mesma metodoloxía, centrada na realización de itinerarios personalizados, formación, mentorización e visibilización dos participantes, validada ao longo de todas as edicións e valorada como excelente entre as empresas participantes.
Os nosos programas de aceleración
Programa
Galicia Avanza
Especializado na comercialización internacional da innovación, co obxectivo de que solucións innovadoras galegas, dispoñibles ou moi próximas ao mercado, alcancen a presenza e/ou o fortalecemento no mercado exterior no menor tempo posible.
Edicións 2022 e 2023.
Programa
Agrobiotech Innovación
Dirixido a pemes dedicadas a biotecnoloxía, biomasa e agroalimentación.
Edicións 2015, 2017 e 2019.
Programa
Connect-19
Dirixido a impulsar a comercialización de solucións innovadoras para contribuír á redución do impacto social e económico provocado polo covid-19, en 2020.
Interésache
Faite residente
Descubre todo o que Tecnópole pode ofrecerche para axudar á túa empresa a crecer