Sala de coworking

Espazo orientado ao traballo compartido entre profesionais que buscan prestacións e flexibilidade de uso

Aberta os 365 días do ano

A sala de coworking preséntase como unha alternativa útil como:

Oficina habitual para profesionais independentes

Enclave ocasional para profesionais desprazados a Ourense

Beneficios

O espazo conta con todos os servizos dunha oficina en aluguer (incluíndo acceso a wifi, aparcadoiro e recepción), máis o valor engadido do contacto con outros profesionais e coas empresas e centros tecnolóxicos situados no recinto do Parque Tecnolóxico de Galicia.

Dispoñible desde 12 € / día ata 100 € / mes (IVE non incluído).

Interésache

¿Por que elixir Tecnópole?

Instálate no parque

As nosas empresas residentes

Faite residente

Descubre todo o que Tecnópole pode ofrecerche para axudar á túa empresa a crecer