Canle ética e código ético

Canle ética

O obxectivo desta canle é que calquera persoa, organización ou grupo de interese poida denunciar e/ou comunicar calquera conduta ou comportamento contrario á legalidade vixente, irregular ou pouco ética ou inapropiada por parte de calquera empregado, profesional, representante ou colaborador de Tecnópole.

A xestión da canle encomendouse a un terceiro independente e alleo á organización (SMC COMPLIANCE) a fin de dotar a Canle Ética da máxima transparencia, imparcialidade e confidencialidade na recepción e tramitación das denuncias.

Código ético

O Código ético ten como finalidade esencial determinar as normas, valores e principios que deben rexer a actuación e o comportamento de profesionais, directivos e terceiros que teñan algún vínculo con Tecnópole (provedores, colaboradores, intermediarios).

Interésache

¿Por que elixir Tecnópole?

Instálate no parque

As nosas empresas residentes

Faite residente

Descubre todo o que Tecnópole pode ofrecerche para axudar á túa empresa a crecer