Dispoñemos de parcelas en contrato de adquisición ou aluguer
Tecnópole conta con 255.000 m2 de terreo dividido en parcelas de uso lucrativo, que se encontran en gran parte ocupadas por empresas e centros tecnolóxicos ou de investigación.
As parcelas que están libres ofrécense para venda ou aluguer con opción de compra, tras un procedemento aberto de concurso público. O procedemento ábrese cada vez que hai polo menos unha mostra de interese firme.
O contrato de adquisición ou aluguer dá dereito a usar de forma gratuíta calquera sala do Edificio CEI dúas veces ao mes e o salón de actos unha vez ao ano. Ademais ten bonificacións importantes no resto de reservas.
Prezo venda desde:
45,08 €/m2
Prezo aluguer desde:
0,45 €/m2
Procedemento de adxudicación que resolve a Secretaría Xeral Técnica de Patrimonio, Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia.
Dispoñibles en réxime de venda ou aluguer con opción de compra
Prezo venda desde:
35 €/m2
Procedemento de adxudicación tras un concurso que publica e resolve a sociedade xestora Parque Tecnolóxico de Galicia S.A.
Modalidades de financiamento: constitución de dereito de superficie, arrendamento con opción de compra ou venda con pago aprazado en pleno dominio.
A dispoñibilidade de parcelas pódese comprobar no seguinte mapa, diferenciando por colores segundo a tipoloxía:
Descubre todo o que Tecnópole pode ofrecerche para axudar á túa empresa a crecer