YouBionic é unha man biónica que promete ser a solución máis económica e eficaz para aqueles que perderan esta extremidade, grazas a dúas características principais: a facilidade de construír a súa estrutura con impresión 3D e os compoñentes Arduino cos que conta. A combinación de ambos os dous aspectos é vital para que esta poida chegar a moitos usuarios.
Os compoñentes Arduino funcionan ao interactuar con tres electrodos posicionados en sitios específicos dos músculos do antebrazo do usuario para accionar os actuadores que moven as diferentes partes da man biónica.
O seu deseñador, o enxeñeiro italiano Federico Ciccarese, destaca a comodidade coa que poderían construírse estas extremidades biónicas no futuro. “Por agora mando o deseño a unha compañía e eles fan a impresión. No futuro as persoas serán capaces de actualizar a súa man biónica ao descargar e imprimir o modelo 3 D máis recente”, explica.
YouBionic empezarase a probar en pacientes no ano 2015.
(Fonte: Innovaticias)