Xunta e Goberno central apostan pola innovación para deseñar hospital do futuro

n

n

Hospitais máis eficientes, que consuman menos enerxía, cun maior respecto polo medio ambiente, con menos camas e máis tecnoloxía e centrados no paciente. Así planean a Xunta e o Goberno que poderán ser os hospitais do futuro.

n


n

 

n

n

Por este motivo, ambas as dúas administracións ratificaron hai uns días o proxecto 'Hospital 2050', unha aposta para deseñar os futuros hospitais e que conta con financiamento da UE.

n

 

n

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e a ministra de Ciencia e Innovación, Cristina Garmendia, asinaron en Santiago este convenio e outro máis, denominado ''Innova Saúde'', dotados con 45 millóns de euros cada un.

n

 

n

Ambos os dous dirixentes insistiron na necesidade de que as administracións sexan "eficientes" no gasto, sobre todo en canto ao resultado, e aí é onde entra en xogo a innovación, coincidiron.

n

 

n

Garmendia confiou en que estes proxectos serán moi frutíferos para a economía galega, xa que son actuacións competitivas nun sector clave da economía e a sociedade, a sanidade.

n

 

n

Pola súa banda, Núñez Feijóo destacou que na súa xestión apostou por garantir a prestación dos servizos públicos e indicou que, en época de crise, a eficiencia e a calidade converxen na innovación.

n

 

n

A estes 90 millóns de euros, "un pulmón que permitirá facer cousas ata 2015", dixo o presidente galego, a ministra de Ciencia recordou que a través do programa Interconecta súmanse outros 30 millóns de euros e indicou que, a falta de quince días para o peche da convocatoria, "hai 15 potentes consorcios galegos" que presentaron proxectos.

n

 

n

(Fonte: EFE)

n

n

n

 

n