Xornada sobre financiamento europeo para TIC en Ferrol

A Oficina de Programas Internacionais (Opidi) da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia organiza unha xornada sobre programas de financiamento europeos no campo das TIC (Convocatorias FP7-ICT-2011 e ICT-PSP 2011), que terá lugar o próximo 5 de maio en Ferrol (Edificio CIS D&T).

n
n

 

n

Este evento ten como obxectivo informar ás entidades galegas sobre as oportunidades de financiamento a nivel europeo para proxectos de I+D+i no campo das TIC, ademais de ofrecerlles un foro no que resolver as súas dúbidas e a oportunidade de recibir orientación para preparar propostas con maiores oportunidades de éxito.

n

 

n

A xornada contará con Rebeca Frías e Javier Echávarri, da Dirección de Mercados Innovadores Globais do CDTI, que presentarán os retos tecnolóxicos e socioeconómicos das próximas convocatorias do tema TIC do VII Programa Marco (FP7). A continuación, Julián Seseña, do Punto Nacional de Contacto do Programa de Apoio á Política en materia de TIC (ICT-PSP), exporá as características e condicións de participación da convocatoria 2011 deste programa.

n

 

n

Ademais, contarase cun espazo para a presentación de casos de éxito por parte de entidades galegas participantes en proxectos europeos e coas intervencións de Ricardo Capilla, director xeral de I+D+i, e Mar Pereira, secretaria xeral de Modernización, na inauguración e clausura da xornada, respectivamente.

n

 

n

Unha vez rematado o encontro, ofrecerase a posibilidade de concertar entrevistas para a revisión de propostas cos expertos dos diferentes programas. As persoas interesadas terán que enviar un resumo da súa proposta antes do 29 de abril de 2011 a promocion.opidi@fundacioncalidade.org.

n

 

n

(Fonte: OPIDI)

n