O xoves 26 de maio terá lugar no salón de actos do Edificio CEI unha xornada informativa sobre o Plan de Control de Vertidos no Parque Tecnolóxico de Galicia. A sesión, que terá lugar entre as 12.30 e as 13.30 horas, está aberta a todas as empresas de Tecnópole.
n
n
n
Durante a xornada analizaranse as actuacións consideradas no Plan, así como os seus principais obxectivos. Entre estes, destacan a detección de vertidos, compostos tóxicos ou inhibidores susceptibles de producir problemas na EDAR de San Cibrao das Viñas e protexer as canalizacións da rede de saneamento de obstrucións, compostos corrosivos, etc. Ademais, tratarase a redución dos vertidos con elevado impacto ambiental ao río Barbaña e a detección de vertidos en tempo real que permitan coñecer a súa orixe, ademais do establecemento dunha liña de cooperación e coordinación coas industrias para dar cumprimento aos requirimentos establecidos no Plan.
n
n
No Plan contémplase tamén establecer un coñecemento exhaustivo das industrias, dos seus procesos produtivos e da tipoloxía dos seus vertidos para establecer un plan de control analítico e un plan de vixilancia ambiental.
n
n
(Fonte: Tecnópole)