Xornada informativa sobre o Plan de Control de Verteduras no Parque Tecnolóxico de Galicia

O xoves 26 de maio terá lugar no salón de actos do Edificio CEI unha xornada informativa sobre o Plan de Control de Verteduras no Parque Tecnolóxico de Galicia. A sesión, que se celebrará entre as 12.30 e as 13.30 horas, está aberta a todas as empresas de Tecnópole.

n
n

n

 

n

Durante a xornada desagregaranse as actuacións contempladas no Plan, así como os seus principais obxectivos. Entre estes, destacan a detección de verteduras, compostos tóxicos ou inhibidores susceptibles de producir problemas na EDAR de San Cibrao das Viñas e protexer as tubaxes da rede de saneamento de obstrucións, compostos corrosivos, etc. Ademais, tratarase a redución das verteduras con elevado impacto ambiental ao río Barbaña e a detección de verteduras en tempo real que permitan coñecer a orixe dos mesmos, ademais do establecemento dunha liña de cooperación e coordinación coas industrias para dar cumprimento aos requirimentos establecidos no Plan.

n

 

n

No Plan contémplase tamén establecer un coñecemento exhaustivo das industrias, dos seus procesos produtivos e da tipoloxía das súas verteduras para establecer un plan de control analítico e un plan de vixilancia ambiental.

n

 

n

n