A empresa española de I+D+i Xesol Innovation, con sede en Tecnópole, asinou un contrato cun fabricante de vehículos eléctricos para instalar a súa tecnoloxía Xesol Drive, que consiste nun sistema ADAS (siglas en inglés de asistencia avanzada á condución) con diversas funcionalidades.
O mercado dos vehículos eléctricos en España (0,41%) non é tan amplo como noutros países, como é o caso de Noruega (24%), Suecia (2,8%), Islandia (2,3%), Holanda (1, 8%), China (1,37%) ou EEUU (0,91%), que tampouco están demasiado explotados a nivel de sistemas de asistencia á condución.
Non obstante, as previsións apuntan a un crecemento nada desdeñable nas próximas décadas no noso país, pois o 64% opina que o coche eléctrico é a solución ideal para as cidades. Ademais, a partir de 2019, Volvo (cunha venda anual de ao redor de 450.000 unidades) lanzará todos os modelos dos seus vehículos eléctricos ou híbridos, e Nissan (cunha venda de pouco máis de 5 millóns de unidades en 2015) espera que en 2020 o 20% das súas vendas sexan de coches eléctricos. Accenture tamén afirma que para 2025 se venderán uns 36 millóns de coches eléctricos, que suporá entre un 3% e un 4% do parque automobilístico.
A proposta de Xesol Innovation é disruptiva, xa que fusiona o coidado ao medio ambiente co aumento da seguridade viaria grazas á súa tecnoloxía Xesol Drive, que se caracteriza polo uso de algoritmos de intelixencia artificial: machine learning e deep learning, que permiten proporcionar unha morea de funcionalidades entre as que destacan a detección de peóns, ciclistas, coches, autobuses, camións, vehículos especiais, etc; a alerta de cambio do carril ou de colisión frontal e traseira; o recoñecemento de sinais de tráfico; e a detección do tipo de vía, curva ou semáforo.
(Fonte: Xesol)