Xesol Innovation busca 100 testers do seu sistema de axuda á condución para as probas que realizará en Tecnópole

Xesol Innovation acaba de lanzar o convite para que 100 persoas acudan o próximo mes de febreiro a Tecnópole a probar o seu sistema de axuda á condución integrado. Este dispositivo foi presentado a nivel mundial no Parque Tecnolóxico de Galicia en decembro de 2016 e dende entón foi perfeccionado de forma continuada.

A empresa tecnolóxica galega busca así obter retroacción por parte dun grupo de usuarios de perfís variados para coñecer a súa experiencia co asistente de condución intelixente.

O sistema avanzado de asistencia á condución (ADAS) desenvolvido por Xesol Innovación forma parte do proxecto SmartCars que esta start-up leva desenvolvendo dende o seu nacemento en 2012.

As persoas interesadas poden rexistrarse como testers no seguinte enlace: https://lnkd.in/d6sphnb.