O fabricante sueco de automóbiles Volvo Car Group desenvolveu un novo material alternativo ás baterías que utilizan os coches eléctricos, e que pode chegar a alixeirar o peso deste tipo de vehículos ata nun 15%. Este novo material está formado por fibras de carbono, baterías nanoestruturadas e supercondensadores. O material almacena enerxía con menor peso, menor espazo e de forma máis ecolóxica.
n
n
nO proxecto de investigación, levado a cabo co Imperial College of London como socio principal e con Volvo como único fabricante automobilístico implicado, requiriu tres anos e medio de traballo e aplicouse nun Volvo S80 experimental.
n
nA empresa explica que o material pode ser utilizado en forma de compoñentes da carrocería do vehículo como as portas, o maleteiro ou as pinas, substituíndo os actuais, para almacenar e cargar a enerxía. O desenvolvemento recárgase polo uso do freo rexenerativo ou ao conectarse a unha rede eléctrica.
n
nVolvo desenvolveu dúas compoñentes para o S80 experimental: a tapa do maleteiro, que pode substituír ás baterías tradicionais, e unha cuberta de cámara, que substitúe á barra estabilizadora e á batería do sistema Start-Stop.
n
n(Fonte: Innovamás)