O ciclo de almorzos tecnolóxicos de Tecnópole volve tras a paréntese estival coa creatividade como tema principal, en particular como ferramenta capaz de axudarnos na adaptación aos cambios e na toma de decisións. A invitación está dirixida ás empresas situadas no Parque Tecnolóxico de Galicia e tamén ás do Polígono de San Cibrao das Viñas, co obxectivo de que intercambien coñecemento e oportunidades de negocio.
O almorzo organizado por Tecnópole, que terá lugar o 14 de setembro entre as 9.30 e as 10.30 horas na terceira planta do Edificio CEI de Tecnópole, xa está aberto á inscrición.
Baixo o título “¿É rendible a creatividade na empresa?”, os participantes recibirán claves prácticas dunha relatora experta e terán ocasión de intercambiar experiencias. A relatora será Elba Pedrosa, formadora e consultora en comunicación, oratoria e creatividade.
Esta serie de almorzos tecnolóxicos, que alcanza a súa cuarta cita, enmárcase no obxectivo de Tecnópole de contribuír a promocionar activamente a competitividade das súas empresas e centros tecnolóxicos. Nesta ocasión, ofréceselles un formato de participación reducida como ventá de difusión das súas tecnoloxías e apertura de oportunidades de colaboración a través do intercambio de coñecemento ou ben de contactos comerciais para o inicio de proxectos conxuntos ou para a compravenda de tecnoloxía e dos servizos que se prestan mediante esa tecnoloxía.