A Fundación Vodafone España convocou a VII Edición dos seus Premios á Innovación en Telecomunicacións, creados hai sete anos co obxectivo de servir como incentivo ao desenvolvemento de propostas tecnolóxicas, tanto na súa fase de estudo como no da súa posta ao servizo da sociedade.
n
n
nCon esta nova convocatoria, Fundación Vodafone busca potenciar o mundo das TIC Social e todas as súas funcionalidades, de forma que todo proxecto de innovación neste sector teña en conta, dende a súa fase inicial, a accesibilidade universal e o deseño para todos, segundo detallan os promotores da iniciativa.
n
nNesta sétima edición convocáronse tres galardóns: o Premio ao desenvolvemento de aplicación "Mobile for good"; o Premio ao proxecto "Solución TIC Mobile for good" e o Premio ao "Emprendedor Social TIC", de nova creación. Para a elección dos gañadores, valorarase o interese, novidade, accesibilidade para todos e carácter innovador en TIC.
n
nUn xurado formado por personalidades do mundo das TIC recoñecerá e premiará un proxecto por cada categoría, dotado cada un coa cantidade de 20.000 euros e poderán presentarse persoas físicas ou xurídicas, de forma individual ou con traballos en equipo. Os proxectos deben ser exclusivamente de ámbito nacional.
n
nO prazo de admisión finaliza o próximo 30 de abril. Transcorrido un período máximo de 30 días tras o peche do prazo de admisión, notificarase a resolución do xurado aos participantes. As bases completas dos premios e os requisitos para presentar as candidaturas están dispoñibles en www.fundacionvodafone.es.
n
n(Fonte: Vodafone)