Os próximos días xoves 10 e venres 11 de maio, a terceira edición de Vindeira Capital Network, que se celebrará en Santiago de Compostela, porá en contacto a 11 emprendedores do ámbito das TIC con distintas sociedades de capital risco, ante as que poderán presentar as súas ideas de negocio para captar o seu investimento.
n
n
nVindeira, a plataforma tecnolóxica das TIC de Galicia, logrou sumar un total de 40 millóns de euros de 13 entidades investidoras de referencia fóra de Galicia.
n
nO III Encontro Vindeira Capital Network (VCN) está organizado pola Plataforma Tecnolóxica Galega das TIC (Vindeira) e BIC Galicia, e promovido polo Clúster TIC de Galicia, fundación R, Gradiant, XesGalicia, o IGAPE e a Universidade de Santiago de Compostela.
n
nO obxectivo do evento é dar a coñecer os mellores proxectos emprendedores de Galicia no campo das novas tecnoloxías ás máis importantes entidades de capital risco e Business Angels de España e, sobre todo, conseguir que un conxunto de ideas de negocio consiga convencer os investidores e dean lugar a novas empresas tecnolóxicas ou ao crecemento de compañías xa existentes.
n
nNesta edición, logrouse que asistan ao encontro 13 investidores de fóra de Galicia, ademais das entidades galegas. En concreto, participarán analistas, conselleiros delegados e directores de investimento dos máis importantes fondos de Capital Risco e Business Angels a nivel nacional en materia TIC, cuxo rango de investimento oscila entre os 100.000 e os 6 millóns de euros.
n
nOs proxectos presentados nesta edición abranguen temáticas como novos medios de pagamento a través de dispositivos móbiles, mercadotecnia dixital, dispositivos médicos e aplicacións móbiles, entre outras. Todos estes emprendedores recibiron un completo programa de formación de carácter gratuíto, ofrecido por XesGalicia, BIC Galicia e o IGAPE; con sesións e mesas redondas presenciais sobre temas tales como mercadotecnia, modelos de negocio ou financiamento, ademais de seminarios online.
n
nAsí mesmo, cada proxecto contou coa axuda de expertos temáticos (clinics) e de mentores, que guiaron aos emprendedores de forma personalizada, tanto para a revisión do seu plan de negocio como para a súa presentación efectiva aos investidores, coa finalidade de que poidan superar con éxito a proba final que terá lugar os días 10 e 11 de maio durante o III Encontro Vindeira Capital Network.
n
n(Fonte: Innovamás)