Utilizan a chuvia para iluminar vivendas con poucos recursos

Un orixinal sistema ideado por tecnólogos mexicanos conseguiu xerar enerxía eléctrica a partir da captación de auga de chuvia, e abastecer ao mesmo tempo de auga a vivendas de escasos recursos de México D.F. Polo momento só é posible recargar baterías portátiles de 12 voltios, cuxa enerxía é suficiente para alimentar lámpadas de leds, pero non para brindar enerxía a toda a casa.

A partir da captación de auga de chuvia, alumnos da Universidade Tecnolóxica de México (UNITEC) lograron xerar enerxía eléctrica cunha microturbina e abastecer do vital líquido a vivendas dunha comunidade de escasos recursos na delegación Iztapalapa, no Distrito Federal. Trátase dunha especie de microsistema hidroeléctrico similar ao empregado nas presas, o cal consiste en utilizar a auga de chuvia para facer xirar a microturbina e xerar electricidade. Polo momento só é posible recargar baterías portátiles de 12 voltios, cuxa enerxía é suficiente para alimentar lámpadas de leds pero non para brindar enerxía a toda a casa.

O sistema, denominado ‘Pluvia’, recolecta a chuvia dende o teito da vivenda, onde se debe adecuar a superficie para que a auga se dirixa cara a unha canaleta, e en caso de non poder modificar o teito, agregar láminas para simular a pendente e encamiñar o líquido cara a unha dirección, comentou Omar Enrique Leyva Coca, quen desenvolveu o proxecto xunto con Romel Castaño Velázquez e Gustavo Rivero.

Para elixir a canalización axeitada, realizouse unha operación aritmética que determinou o diámetro do tubo en relación coa área do teito. Dese xeito o líquido chega ata o primeiro filtro, o cal se encarga de separar a auga dos primeiros quince días da tempada, que xeralmente contén maior acidez, terra e contaminación, para posteriormente enviarse a un tanque de almacenamento. A través dunha bomba exércese a presión necesaria na auga para accionar a microtrubina que foi deseñada co propósito de xerar enerxía eléctrica, mesma que é acumulada en baterías portátiles recargables de 12 voltios, que son empregados para alimentar lámpadas de leds, agregou Leyva Coca.

Canalización de media polgada

Por medio dunha canalización de media polgada realízase a conexión para que cando xire a microturbina, esta cargue con electricidade a batería. Cabe destacar que o xerador de enerxía ten a forma dun cilindro e as súas medidas non superan os cinco centímetros de ancho por dez de alto. Despois de que a auga pasa pola turbina, esta diríxese a un filtro de carbón activado, onde se retiran olores, sabores, cores, e exceso de cloro. “Con esta última filtración o líquido queda igual ou ata máis limpa que o da rede de abastecemento de auga potable da cidade de México”, finalizou Leyva Coca.

(Fonte: Tendencias21)