Universitarios españois crean un líquido que permite arranxar un móbil mollado en 7 minutos

Dous universitarios españois crearon unha fórmula para facer funcionar un smartphone que se danou con auga. Trátase de “Waterrevive Blue”, un líquido que posibilita que a corrosión non deteriore o móbil no seu interior.

O método para conseguir que o móbil volva funcionar é introducir o teléfono neste líquido durante sete minutos e deixalo secar, co dispositivo apagado, durante 24 horas. Tras ese tempo, o terminal funcionará con normalidade. Esta innovación pode adquirirse á páxina web www.waterrevive.com por 35 euros.

Os inventores sinalaron que esta creación funciona no 98% dos casos, sempre e cando o teléfono non sufrira un curtocircuíto. Así mesmo, sinalan que unha vez que o teléfono entrou en contacto coa auga é un erro fatal enchufalo. Moita xente, nas súas ansias por que o terminal funcione, intenta cargar a batería para lograr acendelo. O único que conseguirán con esta práctica será queimar a placa do smartphone.

(Fonte: 20 minutos)