Unipresalud instálase en Tecnópole

A empresa Unipresalud, do sector da prevención de riscos e a saúde e seguridade laborais, instalouse en Tecnópole co obxectivo de ofrecer un servizo de proximidade ás entidades situadas no recinto.

n
n

 

n

As súas instalacións en Tecnópole consisten nunha Unidade Básica Sanitaria con dous técnicos superiores de prevención de riscos laborais. A empresa, con certificación de calidade ISO 9001 e máis de 30 anos de traxectoria, ofrece servizos de xestión da seguridade e a saúde dos traballadores, así como a integración da prevención de riscos laborais no sistema de xestión da empresa. Para iso oferta paquetes preventivos adaptados a cada tipo de empresa, un catálogo de cursos de formación en materia preventiva e servizos de consultoría.

n

 

n

Ademais, a empresa dispón dunha nova plataforma electrónica interactiva, Unipreges, que axiliza e flexibiliza os servizos prestados a clientes mediante facturación electrónica, formación online, etc.

n

 

n

(Fonte: Unipresalud)

n

 

n