Unha unión de empresas aeronáuticas galegas, entre as que figura Hispamoldes, proverá a Embraer e Airbus

Entrar na rede de provedores dos grandes construtores aeronáuticos require capacitación técnica e unha boa ofensiva comercial. E esas son as dúas bazas coas que o grupo Udega (Unión de Empresas Galegas de Aeronáutica), constituído o pasado mes de xuño por oito firmas auxiliares do metal (Utingal, Hispamoldes, Matrigalsa, Tromosa, Tune Eureka, Laser Galicia, Europrecis e Demsu), logrou pechar en tempo récord un primeiro pedido, suxeito a confidencialidade, decisivo para entrar con paso firme na rede de provedores de segundo nivel de Embraer e Airbus.

n
n

n"Nestes momentos estamos a desenvolver varios paquetes de ofertas para os programas Airbus A320, A330-340, A350 e A380 e tamén comezamos a traballar no proxecto militar Embraer KC-390", afirma Jesús González López, o presidente de Udega, que esta semana viaxará a Francia para avanzar nas negociacións co construtor brasileiro. "O proxecto de Embraer sufriu un pouco de atraso, polas modificacións ás que estivo suxeito, pero agora vai arrancar con forza e vai mover moito en España,", asegura.
n
nA clave está nas dúas plantas que a compañía aeronáutica brasileira Embraer inaugurou o pasado mes de setembro na cidade portuguesa de Évora (a 154 quilómetros ao leste de Lisboa), nas que investiu un total de 177 millóns de euros.
n
nAmbas as dúas fábricas, Embraer Metálicas e Embraer Composites, estarán a producir pezas para o seu avión de transporte militar KC-390 a pleno rendemento no segundo semestre do 2013.
n
nCompetir cos grandes
n
nUdega, que en conxunto emprega 400 traballadores (deles, 67 enxeñeiros altamente cualificados, 295 operadores de fabricación e 14 especialistas en metroloxía), aspira non só a producir ferramenta como provedor de segundo nivel, senón tamén a traballar no deseño de compoñentes. "Para iso contamos con algúns dos sistemas CAD máis avanzados para a automatización aeroespacial", explica o seu presidente. As oito empresas integradas nesta unión proceden da industria naval e do automóbil. Todas elas posúen máis de 25 anos de experiencia en campos tales como o corte por láser, a fabricación de fundición ou a instalación eléctrica,
n
n"Realizamos enormes investimentos financeiros co fin de aumentar a nosa capacidade tecnolóxica en máquina", asegura Jesús González. Explica que o obxectivo de Udega é lograr a categoría de provedor de primeiro nivel (tier 1) para poder traballar coas maiores empresas aeroespaciais.
n
n"Estamos no nivel 2, despois de facer esforzos extraordinarios para obter as certificacións necesarias do sector de fabricación aeroespacial para poder competir,", afirma.
n
n(Fonte: La Voz de Galicia)

n