A innovación impregna o día a día desta peme, é o eixe do seu negocio, de aí que destine o 30% da súa facturación a I+D+i. A compañía desenvolveu un modelo, ao que denomina Fábrica de Ideas, baseado na creatividade e a innovación e no máximo aproveitamento das ideas que formulan os compoñentes do seu equipo.
n
n
nHai xa máis de 25 anos, tres persoas procedentes de diferentes sectores decidiron lanzar Farmalíder, cun soño: poñer en práctica as súas ideas, que fosen recollidas por outras empresas e poder vendelas en diferentes países. "Este soño estase a cumprir. Empezamos a saír fóra hai dez anos e é agora cando comezamos a obter resultados", indica José Luis Berenguer, presidente deste laboratorio farmacéutico fundado en 1986 que, cun equipo que pasou de 40 persoas en 2011 a 108 este ano, conseguiu manter a súa actividade en España e estar presente con éxito en varios países. Dobre mérito nestes tempos de dificultades nos que o sector non atravesa precisamente o seu mellor momento.
n
nEntre outras cousas, utiliza moléculas que perderon a patente e innova sobre elas para melloralas. "A idea inicial foi producir xenéricos para outras compañías, despois pensamos que co know how que adquiriramos podiamos facer algo diferente, produtos con valor engadido que, ás veces, patentamos. Se tivese que resumir o que facemos, diría que, basicamente, xestionamos coñecemento que, despois, ofrecemos a outras compañías. Para iso é necesario contar cun equipo innovador", apunta o seu presidente. Farmalíder ofrece un servizo integrado para comercializar desenvolvementos de produtos propios ou en colaboración con outras empresas e produtos licenciados polos seus socios.
n
nO seu mercado é global "porque calquera produto que melloramos é válido para todos", apostila. Neste sentido, Berenguer aclara que un xenérico non é unha simple copia dun fármaco, unha idea, por outra parte, moi estendida: "Non é así. Ese medicamento desenvolveuse hai 20 anos coa tecnoloxía daquel momento. Para que o xenérico sexa competitivo é necesario innovar, melloralo e empregar moito tempo".
n
nO seu campo de actuación é moi amplo. Baixo o paraugas de Farmalíder agrúpanse varias empresas, especializadas na súa actividade, coas que chega a acordos, intercambia coñecemento e promove liñas terapéuticas específicas. O seu obxectivo é estar presente en áreas onde a competencia é menor. Oftalmoloxía, dermatoloxía, sistema nervioso central ou saúde da muller son algúns segmentos onde concentra os seus esforzos. Nestes momentos, a compañía ten no mercado 30 produtos e traballa noutros 20 máis e, en todos eles, a súa principal preocupación é achegar valor.
n
nBerenguer confesa que lle asusta moito a mala situación da economía: "Aféctanos, pero menos que a outras empresas, porque nos abrimos ao exterior, pero non como consecuencia da crise, o noso foi un proceso que iniciamos hai anos". Tamén lamenta os recortes en investigación e a emigración de talento que se está a producir no noso país. "Temos xente nova moi ben formada, pero cada vez hai menos oportunidades", denuncia.
n
nEn 2011, a compañía facturou 25,7 millóns de euros, espera pechar este ano cunhas vendas de 29,5 millóns e alcanzar os 34 millóns en 2013. "Estes resultados estámolos a obter grazas á nosa apertura ao exterior porque os ingresos en España baixaron", asegura José Luis Berenguer.
n
nEn definitiva, Farmalíder consolídase nos mercados exteriores onde está presente e explora posibilidades noutros; en España, continúa con novos produtos e actualizando e mellorando algúns xenéricos. A súa estratexia é crecer a nivel mundial a través de joint ventures con empresas de primeira liña que acheguen valor engadido e diferencial aos seus produtos respecto á competencia.
n
n(Fonte: Cinco Días)