Unha ollada ao futuro da tecnoloxía robótica

Os que se dedican á investigación sobre as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) buscan dende hai anos formas de simular o comportamento humano en sistemas robóticos. Un dos obstáculos principais cos que se topan reside en controlar a interacción entre o movemento e a visión, pois non resulta aínda sinxelo lograr unha percepción espacial precisa e unha coordinación visomotora fluída.

n
n

nO proxecto financiado con fondos europeos EYESHOTS (Heterogeneous 3-D perception across visual fragments), propúxose dar con solucións ao respecto. OS seus responsables lograron, mediante a aplicación de mecanismos de simulación da aprendizaxe humana, construír un prototipo de robot capaz de cobrar consciencia dos seus arredores e utilizar a súa memoria para alcanzar obxectos con suavidade.
n
nAs implicacións desta fazaña non se limitan ás posibles melloras na mecánica robótica, senón que tamén contribuirán a deseñar técnicas de rehabilitación e diagnóstico mellores para enfermidades dexenerativas como a de Parkinson.
n
nO proxecto comezou cunha investigación da bioloxía humana e animal. Un equipo interdisciplinario no que participaron expertos en robótica, neurociencia, enxeñería e psicoloxía construíu modelos informáticos baseados na coordinación neuronal de monos, que presenta un funcionamento moi similar á humana.
n
nA clave residiu en descubrir que os ollos se moven tan rápido que as imaxes que remiten son de feito borrosas e que é o encéfalo o que compón unha imaxe coherente do contorno a partir destes fragmentos de baixa nitidez.
n
nO equipo empregou esta información sobre os procesos neuronais en construír un modelo informático singular no que se combinan imaxes cos movementos de ambos os dous ollos e as extremidades, de forma similar a como se procesa esta información na codia cerebral do encéfalo humano.
n
nO seu labor partiu da hipótese de que só se toma consciencia completa do ámbito visual circundante mediante unha exploración activa. Á fin e ao cabo, deste modo é como os humanos coñecen o seu ámbito físico: mirando, alcanzando e agarrando obxectos.
n
nA experiencia do espazo tridimensional circundante no día a día adquírese mediante movementos dos ollos, a cabeza e os brazos, accións que permiten observar, alcanzar e agarrar obxectos, e polo tanto o sistema motor dun robot humanoide debería formar parte integral da súa maquinaria de percepción. Seguindo esta premisa foi posible construír un robot humanoide capaz de mover os seus ollos e centrar a súa mirada nun punto e mesmo aprender por experiencia e utilizar a súa memoria para alcanzar obxectos sen necesidade de velos primeiro. O sistema robótico deseñado consta dun torso con brazos articulados e unha cabeza robótica con ollos móbiles.
n
nGrazas á aplicación dos conceptos neurocientíficos mencionados, o proxecto EYESHOTS, finalizado en 2011, descubriu un modo de dotar os robots dun sentido da vista similar á visión humana. Este logro supón un fito importante de cara á creación dun robot humanoide que interactúe co seu ámbito e realice tarefas sen supervisión.
n
nO proxecto, coordinado pola Università degli Studi de Génova (Italia), contou cun financiamento por valor de 2,4 millóns de euros achegados pola Unión Europea a través do tema Tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) do Sétimo Programa Marco (7PM).
n
n(Fonte: Cordis)

n