Unha nova plataforma web permite intercambiar propostas entre empresas TIC e demandantes de solucións tecnolóxicas

n

n

As empresas provedoras e os demandantes de solucións TIC poderán poñerse en contacto e intercambiar propostas a través dunha nova plataforma xestionada pola Xunta e aberta a inscricións dende o pasado 20 de xaneiro.

n

n

n

 

n

n

n

Este espazo na rede, pretende ser un 'mapa TIC' que sirva de "escaparate" ou de "punto de encontro virtual" entre as empresas que desenvolven tecnoloxías neste ámbito e as que buscan solucións para implantar no seu negocio. Así o destacaron na presentación desta nova ferramenta a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, e a directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz.

n

 

n

Pereira destacou que, con esta plataforma, as empresas TIC poden mostrar as súas iniciativas e as demandantes poden buscar aplicacións que descoñecían e que son adecuadas para a súa actividade ou mesmo propoñer a creación de solucións que aínda non existen.

n

 

n

As compañías irán conformando, así, un directorio completo e categorizado de empresas TIC e de produtos e servizos tecnolóxicos galegos. Esta iniciativa diríxese a máis de 196.000 empresas de diferentes sectores produtivos, máis de 222.000 autónomos, ás nove cámaras de comercio, a 110 parques e aos 19 clusters empresariais de Galicia.

n

 

n

No que se refire aos provedores TIC, dará servizo, de acordo cos cálculos do Goberno galego, a máis de 1800 empresas tecnolóxicas, máis de 2260 empresas do hipersector TIC, ao Cluster TIC, ás cinco asociacións empresariais TIC galegas e a máis de 500 axentes de I+D+i.

n

 

n

Dous niveis de acceso

n

 

n

O mapa distingue dúas áreas: unha de acceso público e outra de acceso mediante clave, ambas as dúas gratuítas. No primeiro caso, calquera usuario pode buscar provedores e solucións tecnolóxicas, a través dun sistema de busca que distingue diferentes ámbitos e categorías. No segundo, pensado para os provedores, é necesario rexistrarse e achegar datos de contacto e descricións detalladas dos produtos ou servizos, así como casos prácticos de proxectos realizados.

n

 

n

Pola súa banda, Ana María Díaz subliñou que este instrumento permitirá facer as empresas galegas "máis competitivas". "É unha ferramenta, non pequena, que o Goberno galego pon a disposición das empresas", recalcou e indicou que poderá xerar oportunidades de negocio e perspectivas de desenvolvemento futuro para empresarios e para traballadores.

n

 

n

(Fonte: Innovamás)

n

n

n

 

n