Unha lámpada para toda a vida

n

n

A empresa española OEP Electrics desenvolveu unha tecnoloxía especial enfocada a fabricar unha liña de iluminación aplicada á tecnoloxía LED que ten unha duración de por vida.

n

n

n

 

n

n

n

OEP Electrics presume de impulsar unha tecnoloxía de iluminación LED (díodo emisor de luz) que supón toda unha revolución no mercado: trátase dunha lámpada que ten unha duración de por vida, é dicir, unha lámpada sen obsolescencia programada e que, ademais, permite un aforro continuado de ata un 92% na factura eléctrica e emite ata un 70% menos de emisións.

n

 

n

A creación da 'lámpada sen data de caducidade' ten detrás un proxecto de investigación de máis de dez anos que liderou o empresario español Benito Muros. O devandito proxecto parte dunha premisa moi concreta, segundo OEP (Ecologic Electric Powers): "malia os avances tecnolóxicos, antes, os produtos duraban máis". Pois ben, a partir de aí e para levar a cabo a súa investigación, Muros viaxou ata o parque de bombeiros de Livermore (California), lugar no que hai unha lámpada que leva acendida de forma ininterrompida máis de 111 anos. Contactou con descendentes e coñecidos dos creadores desa lámpada, pero non existía documentación ao respecto.

n

 

n

Non obstante, Muros conseguiru as bases a partir das cales comezou a súa investigación e, tras máis de dez anos de traballo a empresa desenvolveu a tecnoloxía e a fórmula para fabricar unha liña de iluminación aplicada á tecnoloxía LED (light-emitting diode) que ten unha duración de por vida.

n

 

n

O achado supón un novo concepto de modelo empresarial baseado na non obsolescencia programada (programación do fin da vida útil dun produto para que, en pouco tempo, se volva inútil ou inservible, despois dun tempo de vida calculado de antemán polo fabricante durante a súa fase de deseño).

n

 

n

OEP Electrics responde co seu proxecto a un novo concepto baseado en desenvolver produtos que non sexan caducos, produtos que non estean programados para ter unha vida curta, senón que respecten o medio ambiente e que non xeren residuos que van parar a países do terceiro mundo.

n

 

n

(Fonte: Spain Technology)

n

n

n

 

n