Kafloat ten patentes en 23 países dun novo sistema de seguridade para embarcacións. Trátase duns flotadores que ante calquera escoramento ou entrada de auga inesperada, se inchan e manteñen o barco a flote ata o seu rescate. O obxectivo final deste airbag é contribuír a salvar vidas no mar, xa que o invento se pode aplicar na maioría dos barcos pesqueiros e embarcacións de recreo.
O sistema consiste nun globo completamente pregado no interior dun cilindro, que se desprega en caso de inundación ou xiro, mantendo o barco a flote. O capitán pode activalo manualmente ou, no seu defecto, se os sensores detectan un nivel de inundación crítico, salta automaticamente.
Cada globo ou elemento de flotación inchable despraza unha tonelada e media de auga. Un dos labores de enxeñería máis difíciles de resolver foi atopar os tecidos axeitados. A empresa Paraflay encargouse de poñer un tecido especial e moi resistente a baixas e altas temperaturas e ignífugo.
O tempo mínimo que permanecen inchados estes flotadores é de 24 horas, un tempo no que poderían actuar os equipos de emerxencia de salvamento marítimo e, mesmo dependendo da distancia, remolcar o barco a porto para a súa reparación.
(Fonte: Spain Technology)