Unha empresa española lanza a primeira pulseira de xeolocalización en Europa

Geobage Resources, a través da súa marca GeoChild, presentou en Europa a primeira pulseira de xeolocalización de nenos a través dunha aplicación móbil. O dispositivo, realizado integramente con tecnoloxía española, dirá aos pais en todo momento onde están os seus fillos e situaraos nun mapa que poderán ver a través do seu teléfono móbil, grazas á tecnoloxía GPS e Bluetooth.

n
n

nA policía española recibe unha media de 23 chamadas denunciando casos de menores perdidos. Aínda que o 80% desas chamadas teñen final feliz, a empresa Geogabes Resources, a través da súa marca GeoChild, considera que esas horas de angustia para os pais se poden evitar con este dispositivo.
n
nA primeira pulseira de xeolocalización de nenos ten a súa utilidade cando estes se atopen en sitios complicados e de grande afluencia de xente, como praias, centros comerciais, campos de fútbol, parques acuáticos, parques de atraccións, zonas de recreo ou mesmo na mesma rúa. Ademais, dende o teléfono, os pais poderán ver o percorrido que fixo o menor nas últimas horas.
n
nA innovación da pulseira versa na súa capacidade para aglutinalo todo nun, xa que dispón dun GPS ultraminiaturizado, sen tarifas mensuais e dotado dunha aplicación intelixente, que non supón ao pai levar ningún dispositivo adicional, unicamente o seu propio smartphone. A pulseira xa se distribúe en Europa.
n
n(Fonte: Spain Technology)

n