Unha empresa española inventa o Facebook das empresas

BeConnections é a primeira rede social creada para empresas. Un novo concepto de plataforma que combina o xeito de relacionarse de Facebook cun catálogo de compañías. Está enfocada a incentivar o intercambio comercial entre estas.

Con apenas dous meses de vida, a rede social BeConnections xa conta con clientes rexistrados de máis de 20 países dende China, India, EE.UU, Gran Bretaña, Sudáfrica, Arabia Saudí… e seguen crecendo día a día. A firma acaba de regresar da Feira Internacional de Alxeria, a máis importante do Magreb, organizada polo presidente da Cámara de Comercio bilateral Alxeria-Estados Unidos. E nada máis regresar a Madrid, seleccionárono entre os máis de 10.000 proxectos candidatos, para o Summit 2014, a maior feira europea de Internet que se celebra cada ano en Dublín.

O proceso de creación de BeConnections non foi doado: máis de 10 meses traballando con programadores en todo o mundo. Con iso conseguiuse dar co primeiro directorio creado para empresas como rede social. Un novo concepto de plataforma que combina o xeito de relacionarse de Facebook cun catálogo de empresas. O obxectivo final é incentivar o intercambio comercial tanto entre o primeiro mundo e países emerxentes como entre negocios dunha mesma zona.

Con BeConnections dividiuse o mundo en nove rexións e 25 sectores, o que fai todo moito máis sinxelo á hora de intercambiar datos entre empresas.

(Fonte: Spain Technology)