Unha empresa española gaña a ‘Startup Competition’ de Silicon Valley

Máis de 250 startups internacionais participaron na competición estadounidense The StartUp Conference, en Silicon Valley, das cales tan só tres realizaron a súa presentación ante o público e investidores. Unha das destacadas é The Mad Video, plataforma española que desenvolveu unha tecnoloxía para incorporar información adicional sobre vídeos.

n
n

nLeva máis de dous anos instalada en Silicon Valley, no Spain Tech Center, e deseña unha solución para etiquetar os vídeos en portais como YouTube ou Vimeo, e convertelos en interactivos, con múltiples aplicacións: e-commerce, educación, divulgación.
n
nA firma española decatouse de que o formato de interacción do vídeo non evolucionara practicamente nada dende a súa invención. Tamén viu que o vídeo estaba cheo de información, pero que era imposible acceder a ela. Para solucionalo, decidiu investigalo e desenvolver unha tecnoloxía para etiquetar os obxectos que aparecen nos vídeos, engadir información e así poder logo interactuar con eles. Para levar a cabo este propósito, deseñou unha ferramenta, moi accesible dende todos os puntos de vista, que permitise a calquera etiquetar os seus vídeos online. Un dos retos de The Mad Video é integrar o The Mad Video coas televisións intelixentes mediante unha aplicación móbil conectada con elas.
n
n(Fonte: Spain Technology)

n