Este sistema caracterízase por que o filme inferior illa o salmón envasándoo ao baleiro mentres que o superior pecha o envase creando un modo airbag ou bolsa de aire que protexe o produto ao transportalo e almacenalo.
Ata o momento, o sector do salmón afumado presentou os seus produtos envasados ao baleiro xunto a unha base de cartón, o que provocaba un difícil almacenamento debido ao seu gran tamaño. Ademais da rapidez de consumo que este tipo de produtos requiren para evitar a súa deterioración, sumábase que o seu complicado e pouco hixiénico manipulado polo aceite que queda presente no salmón, o cal adoita deteriorar a plataforma de cartón.
Este novo desenvolvemento evita o maltrato do produto, xa que ao amontoalo en cámara ou poñerlle peso enriba, o airbag impide que outros obxectos esmaguen o salmón. A isto hai que engadirlle outra vantaxe: non perde baleiro se se pica ou se corta por accidente. Por outro lado, o método de conservación está repartido en dous envases independentes. Deste modo, o profesional pode usar un deles e almacenar o outro en cámara mantendo intactas todas as súas propiedades.
A principal diferenza, ademais de facer un envasado máis seguro e moderno, é que o sistema evita que se reseque o salmón como sucedía co sistema tradicional unha vez aberto. A súa manipulación é máis cómoda grazas á súa forma en barqueta con abrefácil.
(Fonte: Innovaspain)