Unha empresa española crea unha aplicación móbil ao servizo da eficiencia enerxética nos edificios

A empresa española Enerbyte busca xerar cambios de comportamento no gasto enerxético do cidadán mediante unha app. Esta é capaz de monitorizar o consumo en tempo real e detallar o que máis gasta nunha vivenda: iluminación, clima, electrodomésticos…

n
n

nPolo momento, máis de 200 vivendas do municipio de Rubí (a 23 quilómetros de Barcelona, España) involucráronse nun ensaio piloto dirixido pola empresa Enerbyte e a Universidade Politécnica de Cataluña. A empresa española considera que o gasto é o primeiro paso para mellorar a eficiencia en edificios, un ámbito que consume o 30% da enerxía total.
n
nPara aforrar entorno ao 17% en enerxía ao mes, Enerbyte propón unha app deseñada para multiplataforma (web, móbil, tablet), capaz de monitorizar o consumo do cidadán en tempo real e detallar os elementos que máis consumen nunha vivenda: iluminación, clima, electrodomésticos.., etc.
n
nO usuario coñece o consumo instantáneo e pode intercambiar experiencias con outros usuarios xa que a app dispón de 300 consellos ofrecidos de forma personalizada, segundo o uso de cada usuario.
n
nOutra das propostas para aforrar enerxía é o programa Zem2all (libre de emisións CO2), co que Endesa impulsa a tecnoloxía V2G, destinada aos vehículos eléctricos, que ademais de ser cargados, poidan inxectar enerxía á rede. A rutina de carga (hai douscentos puntos) é máis parecida á dun móbil que á dun coche convencional, e os motores son un 45% máis eficientes.
n
n(Fonte: Innovaticias)
n

n