n
n
A empresa asturiana Treelogic lidera o proxecto europeo CogLaboration de I+D+i, no que participan outras catro entidades europeas, de Italia, Reino Unido e España. O proxecto, integrado no 7 Programa Marco da Comisión Europea, conta cun presuposto de 3,3 millóns de euros e ten como obxectivo dotar de maior intelixencia os robots para que sexan capaces de intercambiar obxectos coas persoas.
n
n
n
n
n
n
Trátase dun proxecto único e de alta tecnoloxía, xa que ata o momento, as técnicas entre humanos e robots, se baseaban na linguaxe escrita, que limita a capacidade de adaptar o movemento do robot á conduta humana.
n
n
CogLaboration pretende crear unha estratexia de actuación que poida responder en tempo real a situacións non esperadas, tendo en consideración as características dinámicas do movemento humano e as capacidades sensoriais do robot, como poden ser a sensibilidade para agarrar un obxecto, a capacidade de velo ou mesmo a posibilidade de entender xestos humanos.
n
n
Este proxecto pon a Treelogic en contacto con grandes empresas europeas da robótica e a intelixencia artificial e supón un fito importante no desenvolvemento de I+D+i dende Asturias, xa que permitirá lograr uns resultados máis intuitivos, eficientes e seguros na devandita relación.
n
n
Neste proxecto colaboran, xunto á empresa do Parque Tecnolóxico de Asturias, a Fundación Tecnalia Research Innovation, a Universidade de Birmingham, a Escola Superior de Estudios Universitarios e de Perfeccionamento Santa Ana de Pisa e a compañía inglesa R.U. Robots.
n
n
(Fonte: APTE)
n
n
n
n