Unha empresa do Parque Tecnolóxico de Almería presenta unha casa ecolóxica con forma de iglú

A empresa de carpintería, ebanistería, estruturas de madeira e bioconstrución modular Xilacurve, con sede no Parque Científico-Tecnolóxico de Almería (PITA), presentou este verán, en pleno corazón do Parque Natural de Cabo de Gata-Níjar, o Xiglú. Trátase dunha construción modular, patentada pola empresa e fabricada nas súas instalacións de Serón (Almería), que é ecolóxica, autoconstruíble, transformable, personalizable e transportable.

n
n

nO Xiglú é un sistema construtivo en kit moi versátil e adaptable que o propio usuario pode montar cando queira, desmontar ou ampliar. "É unha proposta única no mundo dende Almería cun triplo balance: económico, ecolóxico e social", explica Javier Cejudo. O Xiglú é unha casa que cumpre co código técnico da edificación existente en España e foi desenvolvido co estudo de arquitectura Satt como socios. Consume moi pouca enerxía e garante o illamento. "Só hai que elixir a orientación axeitada ao tipo de clima, un sistema de climatización apropiado e a cuberta axeitada", indica Cejudo.
n
nA innovación de Xilacurve nas súas estruturas de madeira parte de dúas necesidades para a edificación: a sustentabilidade e a flexibilidade. "A flexibilidade entendida para o usuario que deseña e adapta a edificación ás súas necesidades. É dicir, que o usuario está no centro do proceso", explica Javier Cejudo. No deseño do Xiglú analizouse o seu impacto cunha visión ampla e complexa: relación co ámbito, deseño bioclimático, xestión da auga, materiais de bioconstrución e xestión da enerxía. Javier Cejudo defende o uso da madeira porque "é o material de construción máis sustentable". A madeira é un material natural, renovable e recuperable ao final do seu ciclo de vida. Non só é o único elemento construtivo que non emite CO2 durante a súa elaboración senón que ademais produce unha redución deste. Tamén explica que a forma de domo ou iglú ofrece moitos beneficios, como por exemplo que permite encerrar o máximo espazo coa mínima superficie, conseguindo unha redución en gastos de material e enerxía. Tamén destaca que o volume de aire dentro do domo é menor que nun habitáculo con forma cúbica, polo que é menor o custo para mantelo morno en inverno e fresco en verán. Ademais, ningunha estrutura cuberta é tan estable e forte fronte a ventos, tormentas, sismos e neve.
n
nO Xiglú presentado en Almería ten 6,4 metros de diámetro e 32 m2, permitindo acomodar 4 persoas. A madeira é o principal material empregado na súa construción, complementado con la de ovella para o illamento. Está equipado con aseo, ducha e cociña, ademais de mobiliario e outros elementos de interiorismo deseñados ex profeso.
n
nComercialización
n
nA construción inédita patentada por Xilacurve xa se está a comercializar. De feito, dende que Xilacurve se presentou o pasado novembro cunha maqueta do Xiglú en Biocultura Madrid acumula centenares de consultas. Cejudo destaca a nova etapa para Xilacurve porque "a partir de agora podemos mostrar un Xiglu real totalmente equipado e un vídeo que mostra o sinxelo proceso de montaxe e desmontaxe".
n
nOs usos do Xiglú son numerosos, elixindo a configuración de módulos que se axuste ás necesidades concretas, por exemplo: vivenda habitual, casa de fin de semana ou para convidados, bungalow en cámping, refuxio, despacho, comedor, sala de reunións, aula.
n
nSe se necesita máis espazo, é posible agrupar dous ou máis Xiglus con módulos de unión. Outra opción é usar a forma de verme, un corpo central con forma semicilíndrica e medio iglú a cada extremo.
n
n(Fonte: APTE)

n