Unha empresa do Parque Científico e Tecnolóxico de Terrassa, galardoada a nivel internacional

A empresa Lúcid Design Agency, situada no Parue Científico e Tecnolóxico de Terrassa, foi premiada a nivel internacional polo deseño e desenvolvemento do único xardín hidropónico vertical do mercado pensado para estar dentro de casa e funcionar de xeito autónomo.

O proxecto empezou o 2014 cando a start-up tarraconense Citysens identificou a necesidade de desenvolver un novo xardín vertical hidropónico que puidese competir cos numerosos produtos existentes hoxe en día relacionados co cultivo urbano sustentable. O reto era establecerse no mercado europeo como un referente de calidade, único en funcionalidades e cunha importante aposta pola usabilidade. Lúcid encargouse de deseñar e desenvolver este produto co fin de que Citysens puidese lanzar unha campaña de crowdfunding e recibir o financiamento necesario para comercializalo. Nestes momentos, o xardín leva dous anos ao mercado e estase a vender en países de todo o mundo.

Estes resultados tan beneficiosos para a empresa son froito do proceso creativo e estratéxico ao que Lúcid somete a cada un dos proxectos nos que participa e que nacen a raíz da experiencia de máis de 150 produtos lanzados ao mercado nos últimos 3 anos. Cun equipo de 18 persoas entre deseñadores e enxeñeiros, Lúcid erixiuse como unha das axencias de deseño máis importantes a nivel estatal e nos últimos dous anos empezou a traballar para empresas multinacionais europeas e americanas.

(Fonte: APTE)