Unha empresa de prótese á medida para animais gana a segunda edición do Premio Bancaja de Novos Emprendedores da Universidade de Vigo

n

n

Unha empresa dedicada ás próteses á medida para animais foi a vencedora da segunda edición do Premio Bancaja de Novos Emprendedores que outorga a Universidade de Vigo.

n


n

 

n

n

A iniciativa, denominada BETA (Biomechanical Engineering & Technical Assistance), comezou a súa andaina hai un ano de mans da enxeñeira industrial Bibiana M. Rodiño, quen realizara a súa tese de doutorado sobre este ámbito. A emprendedora conta coa colaboración do Instituto Metalmecánico de Valencia (Aimme), que se encarga de fabricar as pezas, principalmente en titanio, a través dun sistema de 3D.

n

 

n

A función de Rodiño é axudar a resolver os problemas que algunhas clínicas veterinarias poden ter á hora de atopar unha prótese para determinados animais, os cales por ser pequenos ou por ter moita actividade, non poden facer uso dunha placa comercial.

n

 

n

A premiada, que é o seu propio xefe, destacou que a súa iniciativa "mestura picos de ilusión e de conxuntura", tendo en conta que este campo non está moi explotado en Galicia.

n

 

n

Pola súa banda, o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, destacou que o galardón trata de "recoñecer, impulsar e difundir, no ámbito universitario, os valores e principios propios da cultura emprendedora".

n

 

n

Ademais do premio principal, o xurado acordou entregar dous accésits a outras dúas iniciativas presentadas, a causa da súa calidade e potencialidade. O primeiro deles foi para os irmáns Florentino e Plácido José Míguez Durán, responsables dunha empresa de deseño e fabricación de vehículos eléctricos para aplicacións profesionais específicas.

n

 

n

O segundo destes recoñecementos foi para o enxeñeiro informático Rafael Sousa, quen se presentou ao concurso co seu proxecto de fin de carreira. Este consiste nunha plataforma online de compra-venda de recambios para coche procedentes de despeces.

n

 

n

Un total de 11 proxectos concorreron á edición deste ano, abranguendo ámbitos que van dende as enxeñerías ou o xurídico-social ata o das humanidades, segundo explicou a coordinadora da Cátedra Bancaja, Ana Gueimonde.

n

 

n

(Fonte: Innovamás)

n

n

n

 

n