Unha empresa de base biotecnolóxica desenvolve ingredientes naturais funcionais

AbroBiotec, empresa de base biotecnolóxica do Grupo Matarromera, participa nun proxecto europeo que busca a incorporación de compostos bioactivos en alimentos saudables como pan ou galletas.

A empresa está especializada no desenvolvemento, produción, comercialización e venda de extractos naturais destinados a industrias alimentarias, farmacéuticas e cosméticas, entre outros.

Unha das materias primas das que obteñen estes extractos é dos polifenois procedentes da pel da uva. A empresa, cunha estratexia de I+D+i avanzada, está a conseguir converter os co-produtos da industria vitivinícola do Grupo Matarromera nunha nova fonte de valor, xa que hai que ter en conta que tras o proceso de vinificación do viño tinto, por exemplo, o 40% dos polifenois da uva se manteñen nela e poden ser aproveitados.

Polifenois, conservantes naturais en alimentos

Os polifenois son antioxidantes naturais con múltiples propiedades saudables, entre outras teñen acción antiinflamatoria, efecto anticanceríxeno, son antioxidantes naturais que neutralizan os radiais libres e axudan a previr o envellecemento, utilízanse en tratamentos de enfermidades dexenerativas como o Parkinson ou o Alzheimer, etc.

En alimentación, os polifenois poden actuar como conservante natural, atrasando a deterioración dos alimentos por oxidación e alteracións microbiolóxicas. Así mesmo, achegan vantaxes tecnolóxicas no procesado de alimentos. Poden modificar tamén as propiedades sensoriais dos produtos alimenticios, achegándolles características propias e, ao tratarse de compostos bioactivos, dotan de funcionalidade ao alimento.

Eminol, ingrediente funcional

A partir de procedementos de extracción de polifenois procedentes de augardente de uva procedente de destilación, AbroBiotec patentou un extracto de uva, Eminol, ingrediente funcional orientado ao desenvolvemento de alimentos enriquecidos para a terceira idade.

(Fonte: Ainia)