Quobis Networks, a enxeñería galega de telecomunicacións especializada na integración de redes con laboratorio técnico na Tecnópole –Parque Tecnolóxico de Galicia-, acaba de facer pública a segunda edición do informe técnico ‘WiMAX: a revolución inalámbrica… ¡e móbil!’.
n
nA primeira edición, publicada no ano 2006, tense convertido dende entón nun dos documentos de referencia sobre esta tecnoloxía, con máis de 10.000 descargas dende a páxina web da empresa e multitude de citas en artigos técnicos e revistas especializadas do sector.
n
nWiMAX é unha tecnoloxía de comunicacións sen fíos que mellora e complementa as capacidades da tecnoloxía WiFi, de forma que é capaz de prover de conectividade a internet en grandes áreas de cobertura, estando especialmente indicada para zonas rurais ou con alta dispersión xeográfica, como é o caso de Galicia.
n
nA novidade máis recente nesta tecnoloxía é unha nova revisión do estándar, o WiMAX móbil, que permite conexións de banda ampla en mobilidade, chegando ata os 150km/h. Así, WiMAX móbil posiciónase como unha tecnoloxía clave de cuarta xeración (4G) para dotar de conexión a internet a cidadáns e empresas nun futuro próximo, coa posibilidade de que accedan á rede desde calquera lugar e empregando calquera tipo de dispositivo, xa sexa fixo, portable ou móbil, a través dunha conexión sen fíos e segura.
n
nNo informe, de oitenta páxinas de extensión, faise un repaso dos fundamentos técnicos desta tecnoloxía, as novidades introducidas na súa versión móbil, diversas consideracións regulatorias sobre o uso do espectro radioeléctrico e unha recopilación dos casos de éxito máis destacados a nivel mundial.
n
nO informe está dispoñible para descarga na páxina web da empresa.
n
nQuobis
n
nQuobis Networks é unha empresa galega privada de enxeñería de telecomunicacións, que presta servizo á operadores, administracións públicas e grandes empresas no ámbito das novas redes de comunicacións. Quobis dispón dun equipo técnico de enxeñería, implementando solucións chave en man co apopio dos fabricantes líderes para prover de servizo e soporte aos seus clientes. Quobis ten as súas oficinas centrais no Porriño (Pontevedra), un laboratorio técnico na Tecnópole (Ourense) e unha delegación comercial en Alcobendas (Madrid.).
- Home
- Actualidade
- Unha empresa da Tecnópole publica o libro máis descargado en internet sobre a tecnoloxía WiMAX
Unha empresa da Tecnópole publica o libro máis descargado en internet sobre a tecnoloxía WiMAX
- Mércores 22 Abril 2009