Unha empresa da Tecnópole desenvolve o primeiro sistema de automatización dotado con intelixencia artificial para a industria agroalimentaria

n

n

A empresa Aukor, con sede na Tecnópole, vén de rematar o desenvolvemento do primeiro sistema integral de xestión dotado con intelixencia artificial para a industria do sector agroalimentario, con aplicación concreta e inmediata nas plantas de procesamento de cereais (fariñeiras, panificadoras e fábricas de pensos, entre outras).

n

n

n

 

n

n

n

Trátase dun sistema de control integral mediante intelixencia artificial capaz de tomar decisións que ata o de agora se tiñan que realizar mediante monitorizacións e correccións manuais. Isto quere dicir que o sistema, de forma totalmente autónoma, é capaz de predicir, anticiparse e actuar sobre os procesos de fabricación, seguindo unhas pautas establecidas e integrando novo coñecemento mediante un proceso de autoaprendizaxe, o que lle permite optimizar o rendemento da planta para que sexa máis eficiente e segura ao longo de todo o proceso produtivo. É o caso do rexeitamento automático de lotes que non acadan os estándares de calidade ou da corrección de cantidades para acadar os niveis nutricionais axeitados no caso, por exemplo, dos pensos.

n

 

n

Segundo explica o director xeral da empresa, Carlos Sampayo, “o sistema funciona de maneira similar a un xogo de xadrez nun ordenador: con base nunha regras e tomando como referencia o histórico de partidas e movementos, elixe a mellor xogada en cada momento, superando a decisión humana”.

n

 

n

Para o desenvolvemento deste sistema a empresa contou coa colaboración de investigadores da Universidade Autónoma de Madrid e da Universidade de Colonia (Alemania), que achegaron o coñecemento necesario para a dotación de intelixencia artificial.

n

 

n

A empresa atópase en fase de comercialización do produto, un proceso que a levará á súa primeira fase de internacionalización coa busca de implantacións en Polonia, Turquía, Rusia e Marrocos, fundamentalmente.

n

 

n

Sobre Aukor

n

 

n

Aukor é unha enxeñaría industrial especializada en robótica e automatización. Fundada en 1998 por dous enxeñeiros de Ourense, comezou a súa andaina nun niño do Centro de Empresas e Innovación da Tecnópole, no que permaneceu até a construción do seu propio edificio no mesmo recinto industrial, cumprindo así co ciclo evolutivo agardado dunha empresa que inicia o seu proxecto empresarial baixo o amparo da Tecnópole.

n

 

n

Ao longo destes 14 anos de traxectoria no campo da automatización e control de procesos industriais, Aukor centrou o seu labor fundamentalmente nos sectores alimentario e farmacéutico, levando a cabo un plan de crecemento constante, que lle permitiu alcanzar unha cifra de negocio de 10 millóns de euros anuais.

n

 

n

Hai uns anos, Aukor deseñou e desenvolveu un sistema almacenaxe intelixente integramente manexado por robots que foi implantado en varias empresas por toda España e que permite, co traballo dun só operario, mover 3000 caixas á hora e cargar máis de 50 camións de gran tonelaxe nun día.

n

n

n