Tendeus, a empresa especializada en comercio electrónico situada en Tecnópole, distribuirá para toda España as películas e series da multinacional norteamericana Twentieth Century Fox a través dunha nova plataforma online. Logo de conseguir este acordo coa compañía líder na industria cinematográfica, a empresa galega comercializará para todos os suscriptores españois o catálogo completo de contidos a partir do mércores día 20 a través de Foxdirect.es.
Series de éxito como Os Simpson ou Homeland e películas que xa son clásicos, como Titanic ou Avatar, xunto con novidades como Deadpool, forman parte da oferta de Twentieth Century Fox Home Entertainment (TCFHE). En total, a empresa ourensá poñerá no mercado a través de internet máis de 3.000 referencias, que se irán ampliando de maneira continuada.
FoxDirect España recolle o formato de e-commerce empregado con éxito no Reino Unido e que permite que empresas e colectivos poidan acceder a descontos exclusivos promocionais para os seus clientes ou empregados sobre todo o portfolio de Fox Home Entertainment. Ademais, aos clientes de FoxDirect ofreceránselles produtos exclusivos, promocionais, de lanzamento, edicións de coleccionista, merchandising e produtos especiais para os usuarios intensivos.
Tendeus é unha consultora especializada en TIC, integrada por un equipo multidisciplinar, especialista en comercio electrónico. Traballou na integración de plataformas de referencia como Amazon, eBay, Rakuten, El Corte Inglés e Carrefour. En total, máis de cincuenta plataformas e-commerce en todo o mundo.