Unha delegación chilena visita a Tecnópole no marco dunha misión para coñecer as políticas de innovación galegas

Unha delegación formada por representantes de cinco rexións chilenas visitou a Tecnópole no marco dunha misión para coñecer as políticas de innovación galegas e recoller información sobre prácticas de éxito que poidan ser aplicables aos seus territorios.

n
n

 

n

Os dez participantes na visita procedían dos gobernos rexionais de Valparaíso, Maule, Araucanía, Los Lagos e Aysén. Durante a visita puideron coñecer en detalle o modelo de xestión do Parque Tecnolóxico de Galicia e fixeron un percorrido que, ademais das instalacións da sociedade xestora, incluíu o CIS Madeira, o Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI) da Universidade de Vigo e o viveiro empresarial que a Cámara de Comercio e Industria de Ourense ten na Tecnópole.

n

 

n

A delegación chilena permaneceu en Galicia tres días, durante os que realizou unha rolda de visitas e reunións no marco do proxecto “EU-Chile. Cooperación en sistemas de innovación rexionais no marco da Política Rexional”, unha iniciativa posta en marcha pola DG Regio da Unión Europea para apoiar as rexións chilenas que na actualidade ou nun futuro próximo desenvolverán estratexias de especialización intelixente (RIS3).

n

 

n

Neste momento, Galicia atópase na fase final da elaboración da súa RIS3, que definirá unha serie de prioridades temáticas moi concretas que centrarán a política de innovación da comunidade durante os próximos anos por tratarse de oportunidades estratéxicas en termos de competititividade e crecemento económico.

n