Unha de cada tres pemes perde clientes tras un ciberataque

Sen dúbida, as pequenas e medianas empresas son os actores máis vulnerables ante un ataque informático, xa sexa por falta de protección ou medidas de prevención ou problemas para liquidar a ameaza. De feito, unha de cada tres pemes (32%) recoñece que perdeu clientes como resultado dun ciberataque, segundo o informe Ciberpreparación 2022 de Hiscox, aseguradora internacional especializada en empresas.

Tal e como apunta o estudo, o 41% das pequenas e medianas empresas en España foron vítimas de alomenos un ciberataque e só o 2% poden considerarse como ciberexpertas pola súa capacidade de identificar e deter un ataque informático, mentres que o 34% son cibernovatas e o outro 64% ciberintermedias.

Ante este panorama, o 21% das pemes españolas recoñecen que os ciberataques recibidos puxeron en perigo a solvencia do seu negocio e mesmo á hora de atraer novos clientes. Tal e como apuntan, o 30% das pequenas e medianas empresas recoñecen que tras un ataque online recibiron mala publicidade e por tanto perda de credibilidade ante clientes e socios. É máis, o 17% tamén perdeu socios tras un incidente deste tipo. “A perda de clientes é unha das consecuencias máis graves que pode ter un ciberataque, en especial no caso das pemes”, aseguran desde Hiscox.

Fonte: Expansión