Unha cooperativa de Manzaneda produce os primeiros copos de almorzó feitos con castaña (Centro Tecnolóxico da Carne)

A cooperativa Amarelante desenvolve diferentes produtos a partir da castaña. Está a colaborar coa Universidade de Santiago (a través do Campus de Lugo) e o Centro Tecnolóxico da Carne nun proxecto de elaboración de copos para almorzo.

«Están feitos con fariña de castaña en exclusiva, non levan parte de trigo e non teñen azucre, só mel», explica Óscar Freire, un dos socios da cooperativa. E engade: «Non existe nada igual, ou nós non o vimos». Avanza que axiña sacarán os copos ao mercado.

«O que nos interesa é facer produto final, que o valor engadido quede aquí, que é onde están os castiñeiros» -manifestan-.

Fonte: La Voz de Galicia