A compañía galega Tagtum creou un sistema contra a falsificación de artigos de tamaño reducido como xoias, reloxos, lentes ou estilográficas, que emprega o microchip máis pequeno do mundo para estas funcións, de apenas 3 milímetros, segundo informou o centro investigador en telecomunicacións Gradiant.
n
n
nO devandito microchip emite un certificado por internet do produto no que se instalou, e que se pode ler a través dunha aplicación para os denominados teléfonos intelixentes.
n
nAdemais de verificar a orixinalidade dun produto, este sistema permitirá rexistrar a súa propiedade, facilitar a súa recuperación en caso de perda ou acreditar a súa titularidade en todo momento para vendas de segunda man.
n
nAta a data, a implantación desta tecnoloxía estaba condicionada por un tamaño mínimo de chips de 30 milímetros de diámetro, o que impedía integralos en artigos de reducidas dimensións, explica a nota de Gradiant, que colaborou no desenvolvemento do novidoso sistema de autenticidade.
n
nPolo momento, os seus creadores recibiron peticións de información dende multinacionais do pequeno electrodoméstico en Silicon Valley, en California, ata distribuidores potenciais en Grecia, segundo informan na nota.
n
n(Fonte: Galiciae)