Unha compañía británica desenvolve un produto que absorbe luz no día e ilumina na noite

Starpath é un innovador produto que crea unha superficie antiderrapante e impermeable, que ademais non consume enerxía eléctrica xa que absorbe e garda enerxía dos raios ultravioleta.

Desenvolvida por pro Teq, unha compañía británica, esta innovadora tecnoloxía permite iluminar sendeiros sen utilizar enerxía eléctrica. O produto foi deseñado por Hamish Scott cuxa compañía Pro Teq desenvolve e comercializa o produto no Reino Unido.

Segundo Scott “Este produto axústase á luz natural, así que se está completamente escuro fóra, o sendeiro iluminarase máis, e se o ceo está máis claro, iluminarase menos -axústase só, coma se tivese mente propia”.

Starpath é o nome deste innovador produto que absorbe a enerxía dos raios ultavioleta de determinada rexión durante o día para despois liberalos durante a noite. Dar un paseo nocturno desta forma sen dúbida resulta moito máis agradable e seguro.

O produto xa se está a utilizar nunha pequena pista en Cambridge, Reino Unido, en Christ ‘ s Pieces Park. A cantidade de luz emitida por Starpath (que se pode traducir ao español como “camiño ás estrelas”) depende da intensidade e a duración da exposición ao sol do lugar onde está instalado. Brillando na escuridade, esta innovación pódese utilizar en calquera superficie de pavimento.

Ademais o Starpath é antideslizante e resistente á auga, aspecto que tamén mellorar a cuestión da seguridade reducindo os custos humanos e financeiros dun accidente público.

(Fonte: Agencias)