En Sandpoint, Idaho (Estados Unidos), instalaron a primeira beirarrúa de placas solares, unha superficie transitable, resistente ás inclemencias do tempo e que pode axudar a aforrar enerxía á cidade. A instalación situouse no medio dunha das prazas máis concorridas da cidade. Chama a atención polo seu colorido e brillo, debido aos LED integrados nas baldosas que se iluminan grazas á enerxía limpa procedente do sol.
Estas baldosas teñen como obxectivo aproveitar a enerxía solar e abastecer con ela diversos elementos da cidade, como as fontes, os baños públicos ou a sinalización de tráfico.
A instalación está fabricada nun vidro resistente ao paso dos peóns, as bicicletas e os vehículos -tamén se prevé o seu uso na calzada ou en estrada-, e conta con sistema de calefacción que permite resistir as baixas temperaturas.
Polo pronto, a instalación non ocupa moito espazo e está en probas, pero os que teñan curiosidade por ver como funciona, o concello abriu unha canle para que poida verse a través de Internet.
(Fonte: La Razón)