Unha app para coñecer a pé de rúa a calidade do aire

Investigadores do Barcelona Supercomputing Center-Centro Nacional de supercomputación (BSC-CNS) desenvolveron unha aplicación móbil para que o usuario poida coñecer a calidade do aire e o seu prognóstico a 12 horas vista en diferentes cidades e municipios españois.

n
n

nA aplicación, chamada Calíope, baséase no sistema de prognóstico de calidade do aire que leva o mesmo nome e que o centro de supercomputación desenvolveu en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente. O programa xa está dispoñible nas plataformas de distribución de aplicacións de Apple e Android. A súa información, ademais, pódese consultar nunha páxina web.
n
nCon Calíope, o usuario pode ver cal é o nivel da calidade do aire nunha determinada situación da xeografía española e cales son as concentracións dos principais contaminantes -ozono, dióxido de nitróxeno, dióxido de xofre, e partículas no aire- nela.
n
nO director do departamento de Ciencias da Terra do BSC, José María Baldasano, explica: "Cremos que hai un crecente interese en coñecer a calidade do aire dos nosos pobos e cidades e quixemos facilitar o acceso a esta información aos cidadáns".
n
nSimplificar as consultas
n
nOs datos que proporciona o sistema Calíope xa eran públicos pero a súa consulta resultaba un pouco complexa para os non expertos. "A tecnoloxía móbil ofrécenos unha grande oportunidade para que calquera persoa interesada na calidade do aire poidan consultar doadamente o resultado do noso traballo" afirma Baldasano.
n
nPara facer as súas previsións, o sistema permite o prognóstico da calidade do aire, tanto para o conxunto da península ibérica, como nas illas Baleares e Canarias. Baséase nun conxunto de modelos: meteorolóxico, de inventario de emisións, de transporte químico e outro de transporte de po sahariano.
n
nAdemais, a aplicación compleméntase cun proceso de avaliación e mellora do prognóstico en continuo, mediante a comparación coas observacións de calidade do aire das redes das distintas comunidades autónomas. Todo iso executado no superordenador MareNostrum.
n
n(Fonte: SINC)

n