O seu funcionamento, similar ao empregado para a xestión de reservas de butacas en teatros ou cines, foi probado xa en Oviedo con éxito, ao obter unha valoración de 4,7 puntos sobre 5 por parte dos usuarios.
O sistema detecta, a través do GPS do móbil, cando o condutor está preto do destino indicado e pregunta, nese momento, se se desexa facer efectiva a reserva e por canto tempo.
En caso de que a praza recomendada estea ocupada por outro vehículo sen reserva, o condutor pode notificar a incidencia -será comprobada por un controlador-, e, automaticamente asignaráselle unha nova praza próxima con desconto.
Como integrante do programa de aceleración de empresas de Wayra, contará cun financiamento de ata 40.000 euros, ademais de apoio tecnolóxico e asesoramento de expertos en empresas do grupo Telefónica.
Licenciado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela e máster en Xestión Internacional da Empresa, José Luis Leirós comezou a súa carreira profesional en Morgan Stanley e logo traballou en Nacións Unidas e en Unicef.
(Fonte: Faro de Vigo)